TRALAS ORIXES DE COLÓN
Isabel E. Peleteiro presentou os libros que recollen as súas investigacións sobre a orixe galega de Cristóbal Colón. A forte relación coa Galicia emigrada a América, amplamente documentada, máis a colaboración cos avances en bioloxía xenética e arqueoloxía, fan que cada vez esteamos máis preto de descifrar este enigma histórico. Acompañouna Miguel Novoa, ponteareán tamén estudoso desta temática. Unha tarde de moita aprendizaxe e conversa. Moitas grazas!