Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta autores

COLABORANDO

Imaxe
Entre os nosos libros acollemos unha actividade da Asociación Cultural ponteareá "O faiado", cumprindo así un máis dos obxectivos de Chambo Libris: colaborar con outras asociacións e ofrecer o espazo a actividades relacionadas co libro, a lectura e a cultura en xeral. Neste caso foi a presentación do libro produto dunha investigación histórica sobre a guerrilla antifranquista nos montes de Casaio.   

LIBROS E CONVERSAS

Imaxe
 De novo contamos coa presenza de Isabel Peleteiro, que xunto con José Manuel Solla nos deu a coñecer o seu novo libro "O villa de Pitanxo. Misterios dun naufraxio". Un libro escrito para lembrar, para pensar e ter presente este acontecemento e moitos outros que forman parte do traballo dos mariñeiros e que moitas veces se aceptaron como mal inevitable. Conversas arredor da importancia da memoria, de cuestionar a realidade, en definitiva de promover que non se repitan este tipo de accidentes.    

CON FINA CASALDERREY

Imaxe
Recibimos con moita ilusión a visita de Fina Casalderrey ao noso recuncho. Mestra, prolífica escritora e académica da RAG, para nós é unha grande honra que forme parte das persoas autoras que acollemos na nosa aínda breve andaina. A continuación puidemos gozar da presentación do seu libro A MULLER XABARIL, na sala multiusos do Auditorio Municipal, guiada por Manrique Fernández e acompañada da música que nos ofreceu unha representación de A Unión de Guláns, banda que aparece mencionada na novela.   Premendo na imaxe da cuberta podes ler a recensión de Manrique Fernández, que de seguro abrirá a apetencia de ler, como se nos abriu onte aos asistentes a este acto.

TRALAS ORIXES DE COLÓN

Imaxe
Isabel E. Peleteiro presentou os libros que recollen as súas investigacións sobre a orixe galega de Cristóbal Colón. A forte relación coa Galicia emigrada a América, amplamente documentada, máis a colaboración cos avances en bioloxía xenética e arqueoloxía, fan que cada vez esteamos máis preto de descifrar este enigma histórico.  Acompañouna Miguel Novoa, ponteareán tamén estudoso desta temática.   Unha tarde de moita aprendizaxe e conversa. Moitas grazas!