CON FINA CASALDERREY

Recibimos con moita ilusión a visita de Fina Casalderrey ao noso recuncho. Mestra, prolífica escritora e académica da RAG, para nós é unha grande honra que forme parte das persoas autoras que acollemos na nosa aínda breve andaina.



A continuación puidemos gozar da presentación do seu libro A MULLER XABARIL, na sala multiusos do Auditorio Municipal, guiada por Manrique Fernández e acompañada da música que nos ofreceu unha representación de A Unión de Guláns, banda que aparece mencionada na novela.



Premendo na imaxe da cuberta podes ler a recensión de Manrique Fernández, que de seguro abrirá a apetencia de ler, como se nos abriu onte aos asistentes a este acto.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

REMATE DO ANO