Publicacións

REMATE DO ANO

Imaxe
Rematamos este primeiro ano de andaina agradecendo, non podía ser doutro xeito, pois salvamos as dificultades de creación e posta en marcha desta asociación con moitas aportacións de libros estupendos, axudas de persoas socias, colaboracións desinteresadas varias, doazóns a cambio dos libros, anunciantes... Puidemos cumplir un dos obxectivos: doazóns solidarias. Escollemos unha  entidade local, Ponte Solidario , e un proxecto lonxano co que compartimos intereses, o Bubisher (Bibliotecas e Bibliobuses para os campamentos de refuxiados do Sahara).  Vimos de editar o número 3 da revista Chambo Libris , con aportacións de persoas diversas e próximas. Satisfeitas e satisfeitos, seguiremos con este proxecto o vindeiro ano, con novas ideas, novas persoas que van sumando, actividades, e moita, moita lectura que ofrecer. A nosa porta segue aberta.

CON FINA CASALDERREY

Imaxe
Recibimos con moita ilusión a visita de Fina Casalderrey ao noso recuncho. Mestra, prolífica escritora e académica da RAG, para nós é unha grande honra que forme parte das persoas autoras que acollemos na nosa aínda breve andaina. A continuación puidemos gozar da presentación do seu libro A MULLER XABARIL, na sala multiusos do Auditorio Municipal, guiada por Manrique Fernández e acompañada da música que nos ofreceu unha representación de A Unión de Guláns, banda que aparece mencionada na novela.   Premendo na imaxe da cuberta podes ler a recensión de Manrique Fernández, que de seguro abrirá a apetencia de ler, como se nos abriu onte aos asistentes a este acto.

TRALAS ORIXES DE COLÓN

Imaxe
Isabel E. Peleteiro presentou os libros que recollen as súas investigacións sobre a orixe galega de Cristóbal Colón. A forte relación coa Galicia emigrada a América, amplamente documentada, máis a colaboración cos avances en bioloxía xenética e arqueoloxía, fan que cada vez esteamos máis preto de descifrar este enigma histórico.  Acompañouna Miguel Novoa, ponteareán tamén estudoso desta temática.   Unha tarde de moita aprendizaxe e conversa. Moitas grazas!

NÚMERO 1 DA REVISTA

Imaxe
Publicado o número 1 da revista Chambo Libris, un formato de proposta que pretende acoller colaboracións diversas de persoas de Ponteareas e comarca, compartindo reflexións, novas, creación literaria, reportaxes... sempre co denominador común da  lectura e da comunicación cultural.   

EVOCAR A TRAVÉS DA MÚSICA

Imaxe
 Interesante charla de Marcos A. Rodríguez, Santiso, sobre a relación entre a música e as historias:

RECITAL POÉTICO

Imaxe
 Versos de Area e Poesía Nova compartiron poesía, Enric e Isabel puxeron a música. Grazas a todas as persoas participantes e asistentes!