Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2023

CON FINA CASALDERREY

Imaxe
Recibimos con moita ilusión a visita de Fina Casalderrey ao noso recuncho. Mestra, prolífica escritora e académica da RAG, para nós é unha grande honra que forme parte das persoas autoras que acollemos na nosa aínda breve andaina. A continuación puidemos gozar da presentación do seu libro A MULLER XABARIL, na sala multiusos do Auditorio Municipal, guiada por Manrique Fernández e acompañada da música que nos ofreceu unha representación de A Unión de Guláns, banda que aparece mencionada na novela.   Premendo na imaxe da cuberta podes ler a recensión de Manrique Fernández, que de seguro abrirá a apetencia de ler, como se nos abriu onte aos asistentes a este acto.

TRALAS ORIXES DE COLÓN

Imaxe
Isabel E. Peleteiro presentou os libros que recollen as súas investigacións sobre a orixe galega de Cristóbal Colón. A forte relación coa Galicia emigrada a América, amplamente documentada, máis a colaboración cos avances en bioloxía xenética e arqueoloxía, fan que cada vez esteamos máis preto de descifrar este enigma histórico.  Acompañouna Miguel Novoa, ponteareán tamén estudoso desta temática.   Unha tarde de moita aprendizaxe e conversa. Moitas grazas!