SEGUIMOS AQUÍ

 Pechamos un ano máis e o proxecto de Chambo Libris non só se mantén activo senón que medra e se fai máis visible.

Os libros agochados en lugares esquecidos cobran nova vida ocupando un espazo relevante e necesario nas sociedades do consumo: economía circular, cultura asequible, baleiros que se enchen, sorpresas inesperadas, afeccións que xorden ou se retoman... 

E o máis importante, redes que se van tecendo con complicidades en varias direccións, dende quen aporta os libros ata  quen se beneficia das doazóns que por eles se obteñen, redes sostidas por persoas con vontade de aportar:

  • Persoas conscientes que achegan ao local caixas e bolsas de libros
  • Persoas voluntarias que atenden o servizo día a día
  • Persoas que atenden as feiras
  • Persoas socias
  • Persoas usuarias
  • Persoas redactoras da nosa revista
  • Persoas que xestionan as entidades anunciantes
  • Persoas que escoitan e apoian dende o Concello
  • Persoas que sosteñen asociacións solidarias, destino dos nosos beneficios
Que esta rede se amplíe  e se robusteza en todas as direccións é o mellor desexo para o novo ano.






Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVO ESPAZO