REMATE DO ANO

Rematamos este primeiro ano de andaina agradecendo, non podía ser doutro xeito, pois salvamos as dificultades de creación e posta en marcha desta asociación con moitas aportacións de libros estupendos, axudas de persoas socias, colaboracións desinteresadas varias, doazóns a cambio dos libros, anunciantes...

Puidemos cumplir un dos obxectivos: doazóns solidarias. Escollemos unha  entidade local, Ponte Solidario, e un proxecto lonxano co que compartimos intereses, o Bubisher (Bibliotecas e Bibliobuses para os campamentos de refuxiados do Sahara). 

Vimos de editar o número 3 da revista Chambo Libris, con aportacións de persoas diversas e próximas.

Satisfeitas e satisfeitos, seguiremos con este proxecto o vindeiro ano, con novas ideas, novas persoas que van sumando, actividades, e moita, moita lectura que ofrecer.

A nosa porta segue aberta.


Comentarios