Mudamos de domicilio, a un espazo novo para acoller os nosos libros, onde desexamos sexan máis visibles e accesibles. Aquí agardan unha nova vida, que ao mesmo tempo achegue posibilidades de axuda a diversas causas que consideremos xustas. Benvid@s!!
Rematamos este primeiro ano de andaina agradecendo, non podía ser doutro xeito, pois salvamos as dificultades de creación e posta en marcha desta asociación con moitas aportacións de libros estupendos, axudas de persoas socias, colaboracións desinteresadas varias, doazóns a cambio dos libros, anunciantes... Puidemos cumplir un dos obxectivos: doazóns solidarias. Escollemos unha entidade local, Ponte Solidario , e un proxecto lonxano co que compartimos intereses, o Bubisher (Bibliotecas e Bibliobuses para os campamentos de refuxiados do Sahara). Vimos de editar o número 3 da revista Chambo Libris , con aportacións de persoas diversas e próximas. Satisfeitas e satisfeitos, seguiremos con este proxecto o vindeiro ano, con novas ideas, novas persoas que van sumando, actividades, e moita, moita lectura que ofrecer. A nosa porta segue aberta.
Comentarios
Publicar un comentario