Publicacións

SEGUIMOS AQUÍ

Imaxe
  Pechamos un ano máis e o proxecto de Chambo Libris non só se mantén activo senón que medra e se fai máis visible. Os libros agochados en lugares esquecidos cobran nova vida ocupando un espazo relevante e necesario nas sociedades do consumo: economía circular, cultura asequible, baleiros que se enchen, sorpresas inesperadas, afeccións que xorden ou se retoman...  E o máis importante, redes que se van tecendo con complicidades en varias direccións, dende quen aporta os libros ata  quen se beneficia das doazóns que por eles se obteñen, redes sostidas por persoas con vontade de aportar: Persoas conscientes que achegan ao local caixas e bolsas de libros Persoas voluntarias que atenden o servizo día a día Persoas que atenden as feiras Persoas socias Persoas usuarias Persoas redactoras da nosa revista Persoas que xestionan as entidades anunciantes Persoas que escoitan e apoian dende o Concello Persoas que sosteñen asociacións solidarias, destino dos nosos beneficios Que esta r...

NOVO ESPAZO

Imaxe
Mudamos de domicilio, a un espazo novo para acoller os nosos libros, onde desexamos sexan máis visibles e accesibles. Aquí agardan unha nova vida, que ao mesmo tempo achegue posibilidades de axuda a diversas causas que consideremos xustas.  Benvid@s!!

LIBROS E CONVERSAS

Imaxe
 De novo contamos coa presenza de Isabel Peleteiro, que xunto con José Manuel Solla nos deu a coñecer o seu novo libro "O villa de Pitanxo. Misterios dun naufraxio". Un libro escrito para lembrar, para pensar e ter presente este acontecemento e moitos outros que forman parte do traballo dos mariñeiros e que moitas veces se aceptaron como mal inevitable. Conversas arredor da importancia da memoria, de cuestionar a realidade, en definitiva de promover que non se repitan este tipo de accidentes.    

LIBROS Á RÚA

Imaxe
 Os libros que chegan ao noso local de recollida, despois de pasar polo proceso de revisión e limpeza correspondente, ás veces saen de paseo por diversos lugares da comarca e ata asisten a importantes eventos culturais nos que é doado atopar alguén que se interese por eles. E abofé que o conseguen! Isto é posible grazas ás persoas voluntarias que se van sumando a este proxecto, solidario e cultural a un tempo, que mellor binomio? Na "Salvaterra Milenaria"  Na Feira tradicional dos Remedios, Ponteareas No Festival de Poesía do Condado   Na I Festa da Temporada, Mondariz Balneario  

RECITAL POÉTICO Día da Muller

Imaxe

REMATE DO ANO

Imaxe
Rematamos este primeiro ano de andaina agradecendo, non podía ser doutro xeito, pois salvamos as dificultades de creación e posta en marcha desta asociación con moitas aportacións de libros estupendos, axudas de persoas socias, colaboracións desinteresadas varias, doazóns a cambio dos libros, anunciantes... Puidemos cumplir un dos obxectivos: doazóns solidarias. Escollemos unha  entidade local, Ponte Solidario , e un proxecto lonxano co que compartimos intereses, o Bubisher (Bibliotecas e Bibliobuses para os campamentos de refuxiados do Sahara).  Vimos de editar o número 3 da revista Chambo Libris , con aportacións de persoas diversas e próximas. Satisfeitas e satisfeitos, seguiremos con este proxecto o vindeiro ano, con novas ideas, novas persoas que van sumando, actividades, e moita, moita lectura que ofrecer. A nosa porta segue aberta.

CON FINA CASALDERREY

Imaxe
Recibimos con moita ilusión a visita de Fina Casalderrey ao noso recuncho. Mestra, prolífica escritora e académica da RAG, para nós é unha grande honra que forme parte das persoas autoras que acollemos na nosa aínda breve andaina. A continuación puidemos gozar da presentación do seu libro A MULLER XABARIL, na sala multiusos do Auditorio Municipal, guiada por Manrique Fernández e acompañada da música que nos ofreceu unha representación de A Unión de Guláns, banda que aparece mencionada na novela.   Premendo na imaxe da cuberta podes ler a recensión de Manrique Fernández, que de seguro abrirá a apetencia de ler, como se nos abriu onte aos asistentes a este acto.